Un informe sostén que o Wi-Fi imperará como tecnoloxía de banda larga no rural galego
Un informe realizado polo enxeñeiro de telecomunicacións da empresa Electrotelecom, Miguel Ángel Salgado Varela, con experiencia no despregamento e avaliación de tecnoloxías para levar a banda larga ao rural galego, asesorando a numerosas administracións públicas e empresas privadas sobre a elección de tecnoloxía, indica que o estándar IEEE 802.11n é a tecnoloxía máis económica que permite o despregamento máis rápido e eficaz, á vez que ofrece mellores prestacións, o que dá a entender que a solución adoptada polas empresas que conforman OperGal e que están a levar aos seus clientes o acceso á Rede a través de Wi-Fi N non só é a axeitada, senón que tamén ten unha proxección de futuro, pois a evolución desta tecnoloxía (definida baixo o estándar IEEE 802.11ac) promete velocidades superiores a 1 Gbps, podendo chegar incluso a 6 Gbps.
O operadores galegos de redes sen fíos de banda larga únense na loita contra a fenda dixital no ruralPara coordinar e actuar de xeito conxunto no espallamento de redes de banda larga sen fíos en Galicia naceu esta mañá a Asociación de Operadores Galegos de Redes Sen Fíos de Banda Larga, OperGal, formada inicialmente por 10 empresas galegas especializadas no sector que operan redes que dan cobertura de Internet en máis de 110 concellos galegos nos que superan os 11.000 usuarios entre particulares, empresas e administracións públicas.
Roberto Carlos Valverde. Presidente de Opergal
|
Nace Opergal, la asociación gallega de operadoresLa entidad que integra a más del 90 % de las empresas gallegas del sector, factura una media anual de cinco millones de euros, y da empleo a medio centenar de trabajadores.
|
